Paxe que acompañaba un cabaleiro á guerra, lle levaba o escudo e o servía.
Etimoloxía
Formouse a partir de escudo (latín scutum, -i), ben no latín tardío ou xa no romance.
Exemplos *
"… en honra a Don Quixote, o nobre cabaleiro, espello de virtudes heroicas, e do seu fiel escudeiro, gloria de servidores leais, fagámo-la cerimonia do gato, lebre ou cabrito, que ben merecentes son de que ninguén os engane e dignos de xantar o bo cabrito ou cordeiro símbolo da paz …" (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)
"O meu bo escudeiro Sancho Panza fará chegarche enteira relación, ¡ouh fermosura ingrata, miña amada inimiga!, do modo que por causa túa quedo." (Xesús Rábade Paredes: Como levar un morto)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.