Artista que se dedica á escultura por profesión ou afección
Etimoloxía
Palabra que bebe da latina sculptor, -oris de significado semellante.
Exemplos *
“El fala de Camille de Montvergues. Unha escultora xenial que revolucionará a arte contemporánea, asegura.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)
“O escultor Jorge Varela presenta en Vigo a mostra "Variacións sobre a pedra fría", terceira parte dun proxecto iniciado con 5 fragmentos dunha historia máis longa e seguido con "As notas xeométricas".” (Carlos Bernárdez: Nós Diario, 29-10-2021)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.