Arte de representar figuras ou obxectos con materiais diversos, como barro, pedra, madeira, mármore etc. / Obra realizada mediante esta técnica
Etimoloxía
Voz que bebe do equivalente latino sculptura que significa ‘escultura’ ou ‘gravado na pedra’.
Exemplos *
“A fotografía é unha arte ao mesmo tempo diexética e mimética. Unha arte ficcional (con espazo-tempo e actantes) que pretende ser mímese do real (como a arquitectura ou a escultura). O real fotografado convértese en ficción co inmediato paso do tempo e a imposibilidade de repetir a foto.” (Manuel Forcadela: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)
“Queres ser artista e ter longa vida? Pois dedícate á escultura, non á pintura. Iso é o que se conclúe tras examinar a duración das vidas dos principais pintores e escultores da historia. Seica os rigores físicos de darlle co martelo e o cicel a unha pedra reforzan o sistema inmune.” (Jorge Mira: A ciencia no punto de mira, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.