escusa

Razón ou motivo que se alega para evitar facer algo // Razón que se alega para defenderse dunha acusación, para xustificar unha falta etc.

Etimoloxía

Voz que remite ao verbo “escusar” que procede do verbo latino excusare de significado semellante.

Exemplos *

“O certo é que se a violencia machista existe, é porque hai homes que a exercen, é momento de que os homes dean "un paso adiante" nesta loita: "Non hai escusas para non facelo".” (E.P.: Galicia Confidencial, 23-11-2021)

“Se unha muller non se deixaba controlar intelectual, física e economicamente, (...), non podía ser aceptada, nin na Academia nin na vida. As escusas podían ser máis ou menos creativas. Nin sequera precisaron poñerse intelectualmente estupendos!” (Inma López Silva: Chámame señora, pero trátame coma a un señor. Memoria persoal do machismo na cultura, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.