Labor agrícola que consiste en tirarlles as follas a determinadas plantas ou froitos // Época do ano en que se realiza este labor // Reunión de persoas que facía tradicionalmente para esfollar na que tamén tiñan lugar diferentes xogos e bailes
Etimoloxía
Vocábulo derivado de “esfollar”, e este vén da voz “folla”, do latín folia de significado semellante ao actual.
Exemplos *
“As esfolladas integrábanse na fase final do denominado 'ciclo do pan'. O millo, ó longo dos séculos, estivo na base da alimentación popular da xente do Miño.” (Avelino Abuín de Tembra: O Correo Galego,21-10-2001)
“Pero nas casas labregas de Beche, fundamentalmente na casa do Xuco (...), as esfolladas, (...), vellas xuntanzas da veciñanza, constituían un verdadeiro reclamo e aínda hoxe son lembradas con nostalxia.” (Miguel Ángel Abraira Pérez: Ferreiro, técnica, cultura. O traballo tradicional do ferro en Riotorto, a Pontenova e Taramundi, 2003)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.