Facer a esfolla a unha planta, un froito.
Etimoloxía
Formouse sobre folla, que se tomou do latín folia, forma plural de folium, -i.
Exemplos *
"Media ducia de endivias, esfóllanse as de fóra e límpanse as outras …" (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)
"Así foi pasando Carmela aqueles meses de outono, esfollando millo para uns e outros e carrexando cestos de espigas." (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.