Consumir totalmente unha cousa ata rematala
Etimoloxía
Derivación parasintética sobre “gota” que vén do latín gutta ‘pinga’.
Exemplos *
“Igual que antes cobrou forza a aposta por esgotar a lexislatura, agora soa máis a chamada ás urnas en outubro ou novembro.” (Rodri Suárez: Sermos Galiza, 10-8-2012)
“Poden crerme se lles digo que estivemos debatendo a cuestión ata esgotar o tempo sen chegar a ningunha conclusión definitiva.” (Marcelino Agís Villaverde: O Correo Galego, 13-12-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.