Arte de manexar a espada e outras armas brancas coma o sabre, e exercicio en que se practica
Etimoloxía
Termo relacionado co verbo “esgrimir” que probablemente proceda do provenzal antigo escrima, derivado dunha forma xermana *skirmjan que significaba ‘protexer’.
Exemplos *
“É o caso da esgrima en cadeira de rodas que comezou tempada reunindo en Burgos o mellor deste deporte no ámbito estatal na realización Campionato de España.” (A. Escudero: Nós Diario, 1-4-2022)
“Moito lle gustaba lembrar o colexio de La Flèche onde estudara, e onde iniciara a súa afección pola poesía, polos xogos de pelota e pola esgrima.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.