eslovaco

Lingua eslava que se fala en Eslovaquia

Etimoloxía

Adaptación desde o francés slovaque que bebe do topónimo Slovaquie.

Exemplos *

“O eslovaco foi aceptado como lingua de educación en tódolos niveis, mesmo na Universidade de Bratislava.” (Francisco Letamendía: Galicia Internacional, 07-1996)

“O galego ten máis falantes que algunhas linguas oficiais europeas como eslovaco, esloveno, maltés, islandés e gaélico.” (AA.VV: GCiencia. O portal da ciencia galega, 02-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.