esmelgar

Extraer dunha colmea parte do mel, deixando o resto para que se alimenten as abellas do enxame

Etimoloxía

Formación creada sobre mel de mel de significado semellante, ao engadir o prefixo e sufixo á vez.

Exemplos *

“...non son home de esmelgar unha colmea; e por non pasar por diante delas, son capaz de dar un bon rodeo.(...)

—As abellas, é un ganado que non se deixa roubar sen castigar ben ó ladrón [...].” (José María López: Contos de polavila, 1928)

“No verán, cando o señor Conde duque se vaia de veraneo a San Sebastián, eu e mais o chofer da camioneta vamos polo mel á Braña. ¡Máis ou menos aí polo San Miguel, que daquela é cando esmelga o meu caseiro!” (Xosé María Gómez Vilavella: Historias intra da bisbarra. Castroverde, Baleira, Pol, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.