Variedade de berilo, cristalina e de cor verde, que ten moito valor como pedra preciosa.
Etimoloxía
Chega desde o grego smaragdos, pero a través do latín smaragdus, –i co mesmo significado.
Exemplos *
"Xa lle digo, de ouro puro, e isto _sinalou acariñando a xema_ é unha esmeralda dun valor incalculable, que eu case lle vou regalar, por ser para vostede." (Alfonso Álvarez Cáccamo: Catapulta)
"Os brazos, tan rotundos como ocultos, derrubaban o febril da súa longura ata encontrar sobre o seu ventre un abano ornado de esmeraldas e ouro aceso." (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.