espadeiro

Variedade de uva tinta que se cultiva principalmente no Salnés / Viño que se obtén desta uva

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “espada” que remite ao equivalente latino spatha ‘espada ancha’.

Exemplos *

“Tinto cunha atractiva presentación que vén desde o lugar de Godos en Caldas de Reis, onde Francisco Alfonso o elabora á maneira tradicional e sen filtrar cos bagos de espadeiro e caíño, que aos poucos van collendo o protagonismo deste viño despois duns comezos dominados pola mencía e o merlot.” (Antonio Portela: A Nosa Terra, 15-01-2009)

“Aquel "espadeiro roxo e quente, sangue do corazón da nosa terra" esmorece no seu lírico Salnés. ¿Que se pode facer para impedir tan irracional como improcedente exterminación?.” (Avelino Abuín de Tembra: O Correo Galego, 1-10-2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.