espaguetes

Variedade de pasta máis grosa e longa ca o fideo

Etimoloxía

Voz que bebe do italiano spaghetti, forma plural do nome spaghetto, e este é o diminutivo do termo spago que significa 'cordón fino'.

Exemplos *

“Quería dicirlle que ía solucionarse todo, que non se preocupara máis por Gabriel; pero non estaba segura do resultado da miña misión, así que calei e boteille un pouco máis de ourego aos espaguetes do meu prato.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

“Con todo o coidado de non deixar pegadas da súa presenza na casa, os rapaces prepararon uns espaguetes con tomate que Hadrián devorou directamente da pota.” (Elena Gallego Abad: Dragall III. A fraternidade do dragón, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.