espantar

Facer escapar unha persoa ou un animal asustándoo ou ameazándoo / Causar medo ou repulsa moi grandes a

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latín vulgar *expaventare de significado semellante.

Exemplos *

“A min nunca me van pasar cousas malas porque estou coa miña mamá; ela espanta os monstros e escorrenta as pantasmas.” (Clara Gayo: Razóns de peso, 2010)

“A muller chora debruzada na artesa, con Rosende, a falta de María. Hai xente que espanta o terror en pequenos e calados círculos.” (Anxo Angueira: Pensa nao, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.