Gran medo ou repulsa
Etimoloxía
Palabra que toma como base o verbo “espantar” que procede do latín vulgar *expaventare que viña do clásico expavere ‘temer’ ou ‘asustar’.
Exemplos *
“Daquela durmía dunha tacada (...), só cando algún pesadelo me espertaba con espanto, algo de suor fría e o corazón a bailar na arca do peito a mil golpes por segundo.” (Antón Dobao: Incertos, 2008)
“A pesar dos desastres da guerra colonial, a pesar das casas cerradas polo medo dos seus donos –que, pouco e pouco, pasados os primeiros espantos, volvían de novo ó seu –a vida na cidade de Vigo continuaba cun ritmo normal.” (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema, 1988)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


