espazo exterior

Extensión, máis alá da atmosfera terrestre, onde están os astros

Etimoloxía

Frase formada por “espazo” que chega desde o latín spatium e o adxectivo “exterior” procedente do latín exterior.

Exemplos *

“Na estratosfera, sobre os 20 km de altura, está a capa de ozono, que se formou historicamente de forma natural como capa protectora contra todas cantas radiacións perigosas (cósmica, UV etc.) veñen do espazo exterior.” (Manuel Rafael Bermejo Patiño, Ana María González Noya e Marcelino Maneiro Maneiro: Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións, 2018)

“Foi daquela cando, moi sorprendidos, ollaron o espazo exterior. A néboa escorregara monte abaixo esvaendo toda visión do val, mentres que o alto da Corda quedara limpo e transparente.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da santa compaña, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.