especie

Grupo de seres vivos moi similares desde o punto de vista xenético, capaces de se cruzaren e teren descendencia viable en condicións naturais.

Etimoloxía

Evolucionou a partir do latín specie, -ei 'mirada', 'aspecto' ou 'mercadoría', derivado de specere 'mirar'

Exemplos *

"… a especie humana fuxiu ata agora a toda evolución dirixida do seu patrimonio xenético, mentres as especies animais e vexetais sufrían a domesticación a beneficio das necesidades humanas." (Daniel Soutullo: De Darwin ao ADN. Ensaios sobre as implicacións sociais da Bioloxía)

"Os homes condenan a moitos animais para engulilos e encher os panos de mesa de graxa rica mesturada coas súas babas, pero alporízanse cando outra especie -ou mesmo membros da súa, ós que cualifican, coas veas do pescozo inchadas, de caníbales- fai o mesmo con eles." (Jaureguizar: Comendo espaguetis diante da televisión)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.