espellismo

Fenómeno óptico propio de rexións cálidas e desprovistas de vexetación debido á refracción da luz, que provoca a visión invertida de obxectos onde non están, coma se se reflectisen na auga

Etimoloxía

Palabra derivada que toma como base de formación destoutra “espello” que bebe na latina specŭlum.

Exemplos *

“Incorporouse e pareceulle ver un amplo areal que se despregaba ao longo del. Se o que estaba observando non era un espellismo, pensou que aquela praia non pertencía ás illas Canarias senón a algún punto da zona continental africana.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino, 2000)

“A noite dos campos é rica en espellismos, igual que o deserto. Un burro comendo unhas cimas de millo, baixando a cabeza a intervalos guiados polo apetito, pode confundirse, na mente do camiñante espantadizo, coa sombra do Mal.” (Bieito Iglesias Araúxo: A vida apoteósica, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.