Que ten o pelo desordenado
Etimoloxía
Participio do verbo "espeluxar" formado sobre “pelo” que procede do latín pilus de significado semellante.
Exemplos *
“E logo un montón delas coa imaxe do rei Afonso XIII, que foron nas que o rapaz parou máis as mentes. Nas pesetas e nos pesos de 1881 o rei figurábaselle un neno cativiño e sen pelo. Nas moedas de 1893 e 1894 víao como despeiteado e todo espeluxado.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda / A medalla de Xeneroso Lamas, 2012)
“Escóitasme, Ana María? –bérralle a nai desde a cociña–. Aínda te tes que peitear. Estás toda espeluxada. –Xa vou! –berra Ani. Pero antes de que se decida a moverse entra a nai na sala.” (Miguel Anxo Murado: Mércores de cinza / Dime algo bonito, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.