esperanza

Sentimento que fai crer que algo que se desexa pode chegar a realizarse

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre o verbo “esperar” que vén do latín sperare ‘agardar’, ‘ter esperanza’.

Exemplos *

“Pero co tempo todo marchara. As ilusións, as esperanzas, e mesmo a relación co meu pai, cansos ambos os dous de desencantos a dúas bandas.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)

“Oíronse uns pasos entre o mato e apareceu, contradicindo as miñas tolas esperanzas, non Dora, senón a face sen acabar de Ramiro, máis enfraquecido e co desánimo pintado nos ollos.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro / A morte na arca, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.