Reloxo que, a unha hora previamente determinada, fai soar unha campaíña ou timbre para espertar alguén.
Etimoloxía
Creado sobre o adxectivo esperto que viña do latín vulgar *exper(c)tus que se usaba co mesmo valor ca o clásico experrectus 'esperto'.
Exemplos *
"O estridente ruído metálico do vello espertador feriulle os maltreitos sentidos." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)
"Chega tarde alí, chega tarde acolá, cando non queda durmido case unha mañá enteiriña por cousa do demo do espertador dixital e ese ruidiño incapaz de alterar o fungar dun biosbardo." (Antón Dobao: Incertos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


