espertar

Interromper o sono // Facer nacer un sentimento en alguén

Etimoloxía

Palabra que se forma sobre “esperto” que deriva da palabra latina expergitus, participio do verbo expergisco que significaba ‘espertar’ ou ‘acordar’.

Exemplos *

“Un gracioso espertar que te aproxima / ós deuses. / Un caído, outras mans que quentan / alleas dores e propias mensaxes / de posibles / percorridos na estación dos anxos.” (Xela Arias: Tigres coma cabalos, 1990)

“A arte é, para Castelao, un medio estético (ser) sometido aos avatares persoais e, inclusive, biográficos, para un fin ético (deber) sempre obrigante: o de dedicarse en corpo e alma a espertar o interese dos galegos por coñeceren o ser substancioso de Galicia.” (Ramón López Vázquez: Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.