Froito alongado das gramíneas, composto de grans ou sementes dispostos ao redor dun eixe
Etimoloxía
Nome que vén do latín spicam de significado semellante ao actual.
Exemplos *
“O ano pasado houbo veciños que se enfadaron por non lles deixar ir á rebusca das espigas que deixan as colleitadoras.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)
“-Mamá Sula -interveu Mariana -, pódolle facer unha pregunta?
-Claro, filla, dime -Mamá Sula debullaba unha espiga de millo coas mans.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.