espigón

Muro perpendicular á beira dun río ou do mar construído como protección ou para cambiar a dirección das correntes

Etimoloxía

Vocábulo que se forma sobre “espiga” que bebe da latina spica que significaba o mesmo que na actualidade.

Exemplos *

“Había máis canas ca outros días na punta do espigón e tamén máis xente ca de costume percorrendo a praia pola beira, de muro a muro.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)

“De cando en vez o mar rebélase contra tanta traizón, asolaga paseos, derruba espigóns e rebenta o que, sen máis criterio có beneficio a curto prazo, levantaron outros. Ata que volve a calma e parece que aloumiña a costa.” (Xulio Villarino: Luzes, 5-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.