espineta

Antigo instrumento de corda e teclado de forma poligonal, no que a cada tecla lle correspondía unha única corda

Etimoloxía

Voz recollida do italiano, spinetta de significado semellante.

Exemplos *

“A pequena Brigantia dicíalle ao seu papá que non casaría nunca. E así foi: non casou xamais, pero namorouse dun músico moi riquiño que se chamaba Fermosindo e tocaba a viola da gamba e a espineta, que tiña que levar nun carro polo grande que era.” (Heidi Kühn-Bode: Tres mulleres do seu tempo, 2009)

“Os autorretratos fíxenos na época da xuventude. Todos concibidos dun xeito parecido. A miña presenza enche a tea, ás veces tocando un instrumento como a espineta, ou coma neste caso, cun libriño na man onde figura o meu nome e a data do cadro.” (Concha Sabucedo: Galicia Hoxe, 27-2-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.