Expulsión brusca e ruidosa, pola boca e o nariz, do aire dos pulmóns por causa da irritación das mucosas nasais.
Etimoloxía
Formouse a partir do verbo espirrar, procedente do latín expirare 'exhalar, lanzar fóra'.
Exemplos *
"… cumpría que aquela lembranza ao xeito de pos vermellos estivese arreo presente para ceibar tensións da súa metade humana, porque con cada espirro expulsaba, varias veces ao día, ao diaño e fortalecía a súa metade divina." (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac)
"Ironicamente, tratándose dunha película muda, o espirro represéntase visualmente por medio dunha accidental veladura que cega a pantalla." (Alberte Pagán: A mirada impasíbel. As películas de Andy Warhol)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.