esposo, -a

Persoa unida a outra por matrimonio con respecto a esta

Etimoloxía

Voz que procede da latina sponsus; a forma feminina, do latín. Sponsa de significado semellante.

Exemplos *

“Non divago máis. Velaí a verdade: Ulises, o voso esposo e señor, rei e soberano de Ítaca, aquel por quen levades tantos anos agardando, está vivo e está comigo.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)

“Porén, non hai nada no comportamento da miña nova irmá que faga pensar en desafecto ou desavinza entre esposo e esposa. Moi ao contrario, a raíña Xenebra é sempre solícita e agarimosa con meu irmán.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.