espunlla

Vulto moi pequeno e benigno que se forma na pel

Etimoloxía

Termo que bebe do latín spongiolam ‘esponxa pequena’.

Exemplos *

“Lembrei que o outro día lles falei de santo Hadrián, do que escribía que tiña uns recordos magníficos da infancia a pesar que a espunlla non marchou. Houbo quen me recordou, incluso na familia, que o santo non me curara por falla de fe.” (Ramón L. Vilar Landeira: La Voz de Galicia, 20-6-2003)

“Aquilo non era unha espunlla, tiña que ser calquera enfermidade espantosa... Finalmente, armeime de valor e intereseime.”(Marquesa Colombi: Un matrimonio provinciano [trad. Isabel Soto], 2014 )

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.