Materia viscosa que se expulsa pola boca, procedente das vías respiratorias
Etimoloxía
Termo que procede da palabra latina sputu de significado semellante.
Exemplos *
“Gómez non falta nunca ao traballo , ten acudido con gripe, con catarreira, con febre rebaixada a conciencia con ibuprofenos e paracetamoles racionalmente intercalados cada tres horas, e aínda que tivese unha enfermidade contaxiosa con grans e pústulas e esputos verdísimos, Gómez iría igual á oficina.” (Francisco Castro: Spam, 2006)
“Ide por onde viñestes ou saberedes da miña ira". Estas e outras increpacións máis feroces, que nin a miña memoria quere lembrar nin a miña pluma escribir, proferiu a muller, entre risas perdidas e esputos.” (David Conde: Hai santos que non queren ir ao ceo. Parte I: de cans e lobos, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.