Acción e efecto de esquecer
Etimoloxía
Voz derivada sobre o verbo “esquecer” e este que nos chega desde a palabra latina formada polo prefixo ex- o verbo cadescere ‘caer’.
Exemplos *
“Do teu verdor cinguido / e de benignos astros / confín dos verdes castros / e valeroso chan, / non des a esquecemento / da inxuria o rudo encono.” (Eduardo Pondal e Pascual Veiga –música–: Os Pinos, 1890)
“As confusións, os esquecementos e as dificultades de expresión eran cada día máis notorios. A súa personalidade mudaba tamén e mantíñase apático e sen interese a maior parte do día.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.