esquí

Deporte practicado con esquís (patín longo de madeira, metal ou outro material sintético, coa parte de diante curvada cara a arriba e un dispositivo de metal e correas no centro para encaixar o pé, que se utiliza para esvarar sobre a neve, sobre a auga ou sobre pistas especialmente axeitadas).

Etimoloxía

Aínda que nola transmitiu o francés, a voz chegou da forma nórdica ski, que inicialmente tiña o sentido de 'madeira cortada'.

Exemplos *

"¿Cales estacións?, ¿as do Ecuador ou as dos Polos, as nosas ou das das glaciacións?, ¿as dos trens ou as de esquí?" (Xurxo Borrazás: Contos malvados)

"… vacacións nunha praia terceiromundista ou nunha estación de esquí de moda." (Xavier Queipo: Papaventos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.