Esvarar sobre a neve ou sobre a auga con esquís
Etimoloxía
Formado a partir do substantivo esquí, que procede do francés ski e este dun equivalente noruegués.
Exemplos *
“Cando íamos esquiar a un lugar de montaña que se chama Cham Koria e, despois de pasar un día con moito trafego, baixábamos cansos e suorosos a un pobo que está no pé, Kniáxevo [...]” (Lois Tobío: As décadas de T.L, 1994)
“Pero axiña esquecemos a guerra e falamos doutras cousas: da comida, do difícil que era atopar isto ou aquilo. O enviado especial de La Repubblica díxonos do viño que facía na casa, do que lle gustaba esquiar.” (Miguel Anxo Murado, Ruído. Relatos de guerra / A morte en Croacia, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.