Embarcación pequena utilizada para chegar a terra desde os navíos e para outros usos / Embarcación deportiva para un remeiro, longa e estreita
Etimoloxía
Termo que nos leva ao catalán esquif, que, á súa vez, este o tomou do italiano antigo schifo ‘tipo de embarcación’.
Exemplos *
“Por este motivo, cando xa estabamos atracando o esquife no rústico peirao, xa non nos sorprendeu a presenza dunha patrulla de militares integrada por un sarxento e dez soldados.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
“Procedeuse logo a facer canto estaba no humanamente posible por afastar o buque do areal. Botouse a lancha, que se xuntou ao bote, e ata se meteu na auga o esquife reservado ao señor comandante. Sen distingos de oficio e rango, baixaron ao mar os homes que aínda alentaban e serían capaces de lles dar aos remos.” (Xavier Alcalá: Alén da desventura, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


