esquío

Mamífero roedor do que existen diversas especies, de rabo moi peludo e longo que se cría nos bosques e se alimenta de froitos, insectos, ovos etc.

Etimoloxía

Termo que bebe no grego skíouros, que se forma skiá 'sombra' e ourá 'cola'. O nome científico da familia destes mamífero é Sciuridae.

Exemplos *

“As casiñas baixas son todas semellantes, revestidas de táboas de aluminio , co seu cadrado de céspede diante da porta no que camparán os esquíos na primavera, co branco das folerpas calladas nos teitos , e sucédense milimétricas.” (Ramón Caride: O sangue dos camiños, 2003)

“O sur nunca me gustou en demasía. O que si me atrae é que ten árbores grandes e outras pequenas, polo que resulta máis sinxelo rubir a todas elas gabeando dunhas pólas ás outras, para chegar sen problema ao alto dos eucaliptos, como se fósemos esquíos.” (María Canosa: Cando cae a luz, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.