estadio

Recinto preparado para realizar competicións deportivas, xeralmente arrodeado de bancadas para os espectadores

Etimoloxía

Voz que procede da latina stadĭum, e esta lévanos ao grego stádion de significado semellante.

Exemplos *

“Que nas bancadas do estadios das nosas cidades se falaba maioritariamente galego durante o franquismo ben o sabe e lembra calquera que leve décadas asistindo ao fútbol.” (X. Enrique Acuña: A Nosa Terra, 4, 25-11-2010)

“A Irmandiña volve saltar ao campo o 27 de decembro(...). Será contra Senegal no estadio de Santa Isabel (Compostela) nunha xornada que combinará a festa coa loita pola oficialidade das seleccións nacionais.” (D.A.: Sermos Galiza, 33, 24-12-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.