Oficina de correo que se encarga da distribución da correspondencia.
Etimoloxía
Termo que se orixina no italiano staffeta 'correo que viaxa a cabalo' que é o diminutivo de staffa 'estribo'.
Exemplos *
"Ninguén se achegaría á dependenta da mercería para indagar por que vende faixas elásticas, nin ó responsable da estafeta para saber por que despacha selos." (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)
"Vou ir acabando, que temos contado o papel para escribir á casa, e se metemos máis peso non nolo deixan mandar pola estafeta ." (Bernardo Máiz: Nautilus 1892-94)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


