estampa

Debuxo ou figura impresos // O conxunto das formas dunha persoa ou animal

Etimoloxía

A palabra é un derivado regresivo do verbo “estampar” que é un termo que bebe no francés estamper ‘machucar’, por extensión, ‘marcar premendo’.

Exemplos *

“Unha estampa de sono / a tua fábula afoga / núos os teus cabelos / de antiga noiva nova.” (Álvaro Cunqueiro: Poemas do si e non, 1933)

“Ao final da viaxe, mortas todas as ondas, esvaecidas xa todas as postais, mesturadas as secuencias e os detalles, quedaba unha impresión xeral e algunha que outra estampa rechamante.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.