Período de tempo durante o que se permanece nun lugar
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o verbo “estar” ao que se lle engade o sufixo “-ancia”.
Exemplos *
“En teoría, a súa estancia naquel palacio non tiña por que resultar traumática, posto que practicamente dispoñía de todas as comodidades que un varón puidese necesitar.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino, 2000)
“(...) tiveron a oportunidade de participar, durante a súa estancia en Galicia, en distintas actividades relacionadas co voluntariado e o tempo libre.” (Olalla Ucha: Galicia Hoxe, 14-04-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.