estanque

Depósito que se forma nun curso de auga.

Etimoloxía

Deriva de estancar, que se relaciona coa raíz céltica tanko 'suxeito'.

Exemplos *

"Ao chegar ao estanque que antigamente lle servía de bebedoiro ao gando, o padre Serafín parouse un momento e mentres acariciaba a auga coa man volveuse para min para continuar coa súa reflexión." (Alberto Canal: Conexión Tubinga)

"Despois da sesta, cando a calor deixaba de ser unha ameaza, levaba o neno a ruar, entre estanques, estatuas, árbores e paseos." (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.