estantiga

Aparición, visión fantasmal

Etimoloxía

Palabra que xorde desde a frase latina hoste antiqua que se pode traducir como ‘inimigo antigo’.

Exemplos *

“Todos miran para el coma se visen unha estantiga e fan que el tamén se mire e sinta unha especie de vergonza ao comprobar a cor da roupa da que se serviu.” (Antón Riveiro Coello: Homónima, 2001)

“Pero a medida que me achegaba, a súa imaxe desaparecía nunha bruma difusa ata esvaecerse por completo para cando chegaba ao seu carón.

–Non podes tocarme, Mireia, son un espectro, unha estantiga... –a súa voz soaba triste e penosa.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.