Obra de escultura que representa unha persoa ou animal
Etimoloxía
Palabra que bebe na latina statŭa de significado semellante.
Exemplos *
“As mulleres recollen cada noite / os tesouros de auga, líquidos e fráxiles, / rebélanse contra a Historia, / constrúen co mar as estatuas / que nunca permanezan.” (Ana Romaní: Das últimas mareas, 1994)
“E aquí me tes, amor, cos cantos do resgate, / cravado como unha estatua de sal entre as ruínas / da miña mocedade.” (Antón Avilés de Taramancos: Cantos caucanos, 1985)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


