esterqueira

Lugar onde se acumulou moito lixo

Etimoloxía

Voz derivada sobre “esterco” que é un vocábulo latino stercum de significado semellante.

Exemplos *

“A gran esterqueira velenosa lambida polas choivas para despois xa dentro da ría beberen ese xarope noxento tódolos peixes que máis tarde teremos que comer nós.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

“Saímos a ver como pinta o mundo ao noso redor e aí o está, amoreado nas calas menos transitadas da beiramar, nos muíños abandonados dos ríos, sufocado ao sol nesas esterqueiras que improvisamos alí onde imos.” (Redacción: Sermos Galiza, 10-8-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.