Aquilo que mancha a honra ou a reputación de alguén // Marca que se gravaba antigamente cun ferro candente na testa ou noutra parte do corpo dos malfeitores ou dos escravos
Etimoloxía
Palabra semiculta que nos chega desde o latín stigma 'marca feita na pel cun ferro candente' que se lles impoñía ás persoas escravas, e este do grego stígma ‘tatuaxe’.
Exemplos *
“Nada, ao meu ver, xustifica a exposición da identidade da vítima, o que, neste caso, supón ademais condenala a cargar co peso do estigma aínda despois de morta.” (Belén Puñal: Tempos Novos, 29, 1-2016)
“Aburríame e a humillación era máis do que eu podía soportar a esa idade. Estaba enfurecido, disposto a librarme para sempre do estigma da vergoña.” (Miguel Anxo Murado: Mércores de cinza, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.