Punzón utilizado antigamente para escribir.
Etimoloxía
Procede do francés stylet e este do latín stilus –i ‘variña afiada’.
Exemplos *
“¡Que diga a man o que non ousa a lingua! Escribe. ¡Oh prodixioso invento o do estilete, capaz de debuxar o amor na cera!. (Millán Picouto: Nausícaa)
“Naquel quedou xeado ó comprobar que lle fan conta coa punta dun estilete, mentres que neste lle fan desconto sobre duns prezos xa bastante axeitados.” (Luís Prego Carregal: Saber ser, saber estar)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.