Deixar de manar ou de producir un líquido
Etimoloxía
Palabra que nos chega desde o latín extenuare ‘diminuír’, pero a través do latín vulgar estenare ou estinare.
Exemplos *
“Na de Neda secaban os ríos, estiñaban os pozos, abollaban os animais, aburaba a herba. Aquí era a furia entre os humanos, a morte do Sesiño, o asañado final da Tereixa de Castro. ¡A saber cantos máis habían de estar marcados!” (Víctor F. Freixanes: A cidade dos Césares, 1993)
“Daquela, estes foron alí cargando ben pedras e quixeron ateigar con elas o balde máxico de modo que non coubese ninguén dentro e afogase a auga e parase de nacer alí. Mais non o conseguiron xa que os Túatha decatáronse e chimparon fóra as pedras de contado para que non estiñase o máxico manancial que curaba.” (Suso de Toro: O país da brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


