estirpe

Raíz e liña de antepasados e descendentes dunha familia.

Etimoloxía

Deriva do termo latino stirps, –is 'tronco', 'raíz' ou 'familia'.

Exemplos *

"Deille a miña semente, o zume da miña estirpe, o meu seme vigoroso e san, a miña herdanza intelixente" (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

"Amador Souto pensa que nace dunha estirpe xa moi vella e que camiña cunha condena ás costas, igual que os amadores, que é o seu sino e o seu fado." (Xesús Rábade Paredes: Como levar un morto)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.