estivada

Monte ou porción de monte queimado e cavado para ser cultivado con trigo ou centeo

Etimoloxía

Vocábulo que garda relación coa palabra latina aestivum ‘o propio do estío’, ‘do verán’.

Exemplos *

“Na estivada que anovou Xacinto traballando arreo, disputándolle a croíña aos toxos, veu a peste do caruncho e levou o centeo todo.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)

“Os pensos consistían en millo, patacas, aveas e herba seca os das vacas e becerros, e para os porcos as castañas de souto, salvado de calquera dos cereais que se sementaban (...) tanto nos labradíos coma nas estivadas.” (Manuel Vázquez Fernández: Aconteceres, 1988)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.