estival

Do estío ou relativo ao estío

Etimoloxía

Voz que bebe directamente na latina aestivalis que significaba ‘relativo ao verán’ ou ‘que vén do verán’.

Exemplos *

“Pensou na nai, no seu retiro estival coa familia da aldea, pero axiña chegou á conclusión de que unha septuaxenaria co corazón viúvo e feble, (...), non había ser de moita axuda.” (Xabier López López: O mono no espello, 2002)

“Zoan, ao seu redor, as moscas. (...) No recanto, un ventilador antigo non é quen de remexer abondo o tépedo aire da sesta estival, que entra espeso coa calor de fóra.” (Ramón Caride: Terra queimada, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.