estola

Banda, xeralmente de pel, usada como adorno ou abrigo, que cobre o pescozo e os ombreiros

Etimoloxía

A voz bebe do latín stola e este remite ao grego stolé que significaba ‘vestido’.

Exemplos *

“A mirada descansa finalmente no retrato de si mesma sobre un estante. O cigarro entre os dedos, a estola de visón sobre os ombros, o turbante enmarcando o rostro, as meixelas fundidas, o sorriso. E os ollos aínda vivos, a brillaren na noite, nos saraos, no balbordo dos salóns.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)

“Chaman ao timbre, golpean a porta, ninguén contesta. Abren coa chave que está na pechadura e fanme entrar con eles até que damos cun a modo de chamán, co pelo moi longo, con estola de pel de panteira e moitos amuletos pendurados.” (Xenaro García Suárez: Fausta, 2004)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.