Caixa, funda ou vaíña especialmente disposta para gardar ou protexer algunha cousa.
Etimoloxía
Deriva de estoxar, e este formouse a partir do verbo latino studiare, que tiña o sentido de ‘gardar, coidar’.
Exemplos *
"… uns libros ou un estoxo caracterizarán unha mesa de despacho, ou un espello de man, uns peites, un cepillo e un xoieiro configurarán unha cómoda e polo tanto un dormitorio …" (Eduardo Alonso : Teatro imprevisto)
"… e unha goma para o pelo, e un estoxo con pluma e lapis, e un bombón, e tres prendedores, e unha agulla de poñer na lapela que lle regalaron e só pon cando se achega a directora …" (Teresa Moure: Herba moura)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


